miércoles, 25 de marzo de 2009

XORNADA MULTICULTURAL

O día 16 de maio 2009 celebraremos unha XORNADA MULTICULTURAL, con unha exposición de obxectos típicos doutros paises.

PARTICIPA NOS NOSOS CONCURSOS DE:

• RECETAS DE COCIÑA
• PORTADAS

LUGAR: LOCAL PARROQUIAL DE TOURO
HORA: 18:00/21:00 H.

Para que poida acadar o seu éxito a “EXPOSICIÓN MULTICULTURAL” pedimos a colaboración de todas aquelas familias que queiran ceder temporalmente obxectos doutros países (libros, postais, figuras, bandeiras, moedas,…etc)
Poden levar os obxectos ao Colexio ou no Concello, (Banco de Tempo de Touro, Biblioteca Municipal), antes do día 12 de maio.

¡¡ESPERAMOS A VOSA COLABORACIÓN !!

• CONCURSO GASTRONÓMICO INTERNACIONAL

BASES do CONCURSO

1.- Poderán participar todos os adultos que o desexen coa elaboración dun prato tradicional e típico dun país, a elixir libremente polo participante.

2.- Os participantes deben redactar previamente a receta a elaborar, escrita en papel DIN A4 por unha soa cara (preferiblemente a ordenador). A receta debe incluír o nome do prato.

3.- A receta presentárase por duplicado, nun sobre grande pechado. Neste sobre non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autor/a da receta. Dentro deste sobre incluírase un sobre pequeno, tamén pechado que levará escrito por fóra o nome do prato. No interior figurarán os datos persoais e de contacto.

4.- As recetas poderanse presentar ou enviar, facendo constar:
CONCURSO GASTRONÓMICO- INTERNACIONAL (ata o 8 de Abril 2009)
Concello de Touro
(ATT: Biblioteca Municipal X. Neira Vilas ou Banco de Tempo de Touro)
Fonte Díaz s/n 15822- A Coruña
5.- As recetas presentaranse elaboradas o día 16 de maio no Local parroquial de Touro as 19:00 horas, para que o xurado proceda a eleción do prato gañador e a continuación degustación pública.

6.- Establécese un único premio para o gañador/a sendo este un diploma acreditativo, a publicación de dita receta na páxina web do Concello de Touro e un libro de Recetas de Cociña Galega.

7.- Os participantes non premiados entregaráselles unha copia de todas as recetas participantes no concurso e un diploma acreditativo.

8.- O xurado designado polo concello de Touro, fará pública a súa decisión inapelable o 16 de Maio coincidindo ca exposición MULTICULTURAL, e farase entrega do premio nun acto convocado a tal fin, comprometéndose a autor/a a asistir a tal acto.

9.- O feito de participar supón por parte dos autores a aceptación destas bases.

CONCURSO DE PORTADAS

BASES DO CONCURSO

1.- Poderán participar os nenos/as correspondentes aos ciclos de Primaria e Secundaria que o desexen cun debuxo, único, orixinal e inédito, escrito en galego. Os autores serán responsables do contido dos debuxos.

2.- Os debuxos deben estar realizados en papel DIN A4 por unha soa cara. O debuxo deberá ir titulado facendo referencia a recetas de cociña.

3.- O debuxo presentárase, nun sobre grande pechado. Neste sobre non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autor/a do debuxo. Dentro deste sobre incluírase un sobre pequeno, tamén pechado que levará escrito por fóra o título do debuxo. No interior figurarán os datos persoais e de contacto.

4.- Os debuxos poderanse presentar ou enviar, facendo constar:
CONCURSO DE PORTADAS (ata o 8 de maio 2009)
Concello de Touro
(ATT: Biblioteca Municipal X. Neira Vilas ou Banco de Tempo)
Fonte Díaz s/n 15822- A Coruña

5.- Establécese un único premio para as dúas categorías sendo este un diploma acreditativo.

6.- O xurado designado polo concello de Touro, fará pública a súa decisión inapelable o 16 de Maio coincidindo ca exposición MULTICULTURAL, e farase entrega do premio, comprometéndose a autor/a a asistir ao acto.

7.- Os orixinais non premiados poderán retirarse no prazo dun mes dende o fallo do xurado na Biblioteca X. Neira Vilas. Transcorrido este prazo, os debuxos que non sexan recollidos serán destruídos.

8.- O feito de participar supón por parte dos autores a aceptación destas bases.

lunes, 16 de marzo de 2009

ROTA DA RIBEIRA DO ULLA

O vindeiro 29 de marzo a poboación inscrita no Banco de Tempo, e as persoas interesadas, faremos unha rota pola Ribeira do Ulla,de PONTE BASEBE ao POZO DO PEGO.
As persoa interesadas deberán anotarse no Concello,” Banco de Tempo de Touro”, ata o 26 de marzo. ¡¡Contamos con todos vos para pasar unha xornada en amizade coa natureza........!!

DATA: 29 de marzo
DESTINATARIOS: Poboación inscrita no Banco de Tempo, e persoas interesadas.
INSCRICIÓN: Ata o 26 de marzo.

lunes, 2 de marzo de 2009

. ¿Qué son os Bancos do Tempo?

O Banco de tempo é un centro onde se intercambian servizos, saberes ou actividades entre os veciños do concello.

A unidade de cambio non é monetaria senón o propio tempo, que as persoas demandan e ofertan para a realización de determinadas tarefas, permite resolver problemas ou atender necesidades da vida cotiá dun xeito cooperativo, solidario para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Todas as actividades que se intercambien teñen o mesmo valor, dependendo tan só do tempo que se tarde en facelas.

¿A quen vai dirixido......?


………………..E para todos
Homes e mulleres maiores de idade que desexen intercambiar valores de boa vecindade.

Funcionamento

Todas as actividades teñen o mesmo valor, só depende do tempo que se tarde en facelas.A unidade de tempo é a hora, independientemente do servizo que se preste ou se reciba.
Cada persoa que participa no Banco de Tempo disporá dun talonario que empregará no momento que reciba o servizo e darallo a persoa que lle presou o servizo. De igual xeito, cando esta persoa vaia facer un servizo a outra persoa do Banco de Tempo, recibirá un cheque polo valor do tempo que empregou no seu intercambio.Estes intercambios non teñen que ser recíprocos.
Mensualmente a Xestora do Banco de Tempo fará un balance, anotando os intercambios feitos e actualizando o saldo da conta corrente de tempo das súas socias e socios.

domingo, 1 de marzo de 2009

Historia

Non obstante,a dos bancos do tempo é unha institución con importantes e frutíferas experiencias a nivel nacional e internacional.
Italia foi o país pioneiro en Europa no establecemento de intercambios de tempo no ano 1992 a través do Sindicato de Pensionistas de Parma. Neste país optouse por un modelo centralizado nunha administración rexional e na actualidade conta xa con máis de 300 bancos.
En Francia funcionan a través dunha web onde grupos de persoas desenvolven os denominados Sistemas de Intercambio Local.
No caso luso, os bancos son creados por unha asociación e xestionados en colaboración coa administración local.
En España, Cataluña conta cun modelo xestionado por asociacións ou fundacións e asesorado polas administracións e asociacións.

lunes, 5 de enero de 2009

VIAXAMOS POLO CONCELLO

O Banco de Tempo de Touro vai viaxar por todo o Concello para facer a súa presentación nos locais parroquiais das parroquias.
Estas son as datas.

XANEIRO.
Sábado 10, en Fao ás 18:45 h
Domingo 11, en Xondo ás 17:45 h

FEBREIRO.
Venres 16, en Bendaña ás 20:30 h
Sábado 17, en Foxás ás 16:00 h
Enquerentes e Fonterosas ás 17:45 h
Loxo ás 19:30 h
Domingo 18, en Bama ás 12:00 h

Venres 23, en Turces ás 20:15 h
Sábado 24, en Ribeira ás 18:45 h
Touro ás 20:30 h
Domingo 25, en Quión ás 11:45 h
Vilar ás 13:15 h

Venres 30, en Prevediños ás 20:15 h
Sábado 31, en Cornado ás 19 h
Beseño ás 20:15 h

MARZO.
Domingo 1, en Circes ás 11:30 h
Andeade ás 12:15 h
Calvos ás 13:00 h
¡¡¡ ESPERAMOS A VOSA ASISTENCIA !!!