miércoles, 25 de marzo de 2009

CONCURSO DE PORTADAS

BASES DO CONCURSO

1.- Poderán participar os nenos/as correspondentes aos ciclos de Primaria e Secundaria que o desexen cun debuxo, único, orixinal e inédito, escrito en galego. Os autores serán responsables do contido dos debuxos.

2.- Os debuxos deben estar realizados en papel DIN A4 por unha soa cara. O debuxo deberá ir titulado facendo referencia a recetas de cociña.

3.- O debuxo presentárase, nun sobre grande pechado. Neste sobre non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autor/a do debuxo. Dentro deste sobre incluírase un sobre pequeno, tamén pechado que levará escrito por fóra o título do debuxo. No interior figurarán os datos persoais e de contacto.

4.- Os debuxos poderanse presentar ou enviar, facendo constar:
CONCURSO DE PORTADAS (ata o 8 de maio 2009)
Concello de Touro
(ATT: Biblioteca Municipal X. Neira Vilas ou Banco de Tempo)
Fonte Díaz s/n 15822- A Coruña

5.- Establécese un único premio para as dúas categorías sendo este un diploma acreditativo.

6.- O xurado designado polo concello de Touro, fará pública a súa decisión inapelable o 16 de Maio coincidindo ca exposición MULTICULTURAL, e farase entrega do premio, comprometéndose a autor/a a asistir ao acto.

7.- Os orixinais non premiados poderán retirarse no prazo dun mes dende o fallo do xurado na Biblioteca X. Neira Vilas. Transcorrido este prazo, os debuxos que non sexan recollidos serán destruídos.

8.- O feito de participar supón por parte dos autores a aceptación destas bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario