miércoles, 25 de marzo de 2009

• CONCURSO GASTRONÓMICO INTERNACIONAL

BASES do CONCURSO

1.- Poderán participar todos os adultos que o desexen coa elaboración dun prato tradicional e típico dun país, a elixir libremente polo participante.

2.- Os participantes deben redactar previamente a receta a elaborar, escrita en papel DIN A4 por unha soa cara (preferiblemente a ordenador). A receta debe incluír o nome do prato.

3.- A receta presentárase por duplicado, nun sobre grande pechado. Neste sobre non poderá figurar o nome nin ningunha outra referencia á autor/a da receta. Dentro deste sobre incluírase un sobre pequeno, tamén pechado que levará escrito por fóra o nome do prato. No interior figurarán os datos persoais e de contacto.

4.- As recetas poderanse presentar ou enviar, facendo constar:
CONCURSO GASTRONÓMICO- INTERNACIONAL (ata o 8 de Abril 2009)
Concello de Touro
(ATT: Biblioteca Municipal X. Neira Vilas ou Banco de Tempo de Touro)
Fonte Díaz s/n 15822- A Coruña
5.- As recetas presentaranse elaboradas o día 16 de maio no Local parroquial de Touro as 19:00 horas, para que o xurado proceda a eleción do prato gañador e a continuación degustación pública.

6.- Establécese un único premio para o gañador/a sendo este un diploma acreditativo, a publicación de dita receta na páxina web do Concello de Touro e un libro de Recetas de Cociña Galega.

7.- Os participantes non premiados entregaráselles unha copia de todas as recetas participantes no concurso e un diploma acreditativo.

8.- O xurado designado polo concello de Touro, fará pública a súa decisión inapelable o 16 de Maio coincidindo ca exposición MULTICULTURAL, e farase entrega do premio nun acto convocado a tal fin, comprometéndose a autor/a a asistir a tal acto.

9.- O feito de participar supón por parte dos autores a aceptación destas bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario